<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<page xmlns="http://projectmallard.org/1.0/" type="topic" style="task" id="view" xml:lang="gl">
<info>
<link type="guide" xref="index#viewing"/>
<desc>Prema <key>Esquerda</key> e <key>Dereita</key> para cambiar entre as imaxes ou use a colección de imaxes para mostralas todas.</desc>
<revision pkgversion="3.2" version="0.1" date="2011-09-05" status="final"/>
<credit type="author">
<name>Tiffany Antopolski</name>
<email>tiffany.antopolski@gmail.com</email>
</credit>
<license>
Creative Commons Compartir Igual 3.0
</license>
<mal:credit xmlns:mal="http://projectmallard.org/1.0/" type="translator copyright">
<mal:name>Fran Dieguez</mal:name>
<mal:email>frandieguez@gnome.org</mal:email>
<mal:years>2011-2012.</mal:years>
</mal:credit>
</info>
Pode examinar rapidamente todas as súas imaxes nun cartafol abrindo unha das imaxes e premendo <gui>Seguinte</gui> e <gui>Anterior</gui> (por exemplo). Tamén poe ver unha colección de imaxes, con pequenas vistas previas de todas as imaxes no cartafol mostradas á vez.
Se ten un cartafol que contén varias fotografías pode examinalas todas sen ter que abrilas individualmente.
<steps>
<item>
<link xref="open">Abra</link> calquera das imaxes no cartafol que quere examinar.
</item>
<item>
Prema <gui>Seguinte</gui> e <gui>Anterior</gui> na <link xref="toolbar">barra de ferramentas</link>, ou prema as teclas <key>Dereita</key> e <key>Esquerda</key> para cambiar entre imaxes.
De forma alternativa, pode usar as teclas <key>Arriba</key> e <key>Abaixo</key>, ou <key>barra espaciadora</key> e <key>Retroceso</key>. Tamén pode premer <guiseq><gui>Ir</gui><gui>Imaxe anterior</gui></guiseq> e <guiseq><gui>Ir</gui><gui>Seguinte imaxe</gui></guiseq>.
</item>
<item>
Pode examinar as imaxes a pantalla completa premendo <guiseq><gui>Ver</gui><gui>Pantalla completa</gui></guiseq> ou premendo <key>F11</key>. Use as teclas de frechas para cambiar entre as imaxes cando estea no modo a pantalla completa.
Para volver á vista normal, prema <key>Esc</key> ou <key>F11</key>.
</item>
</steps>
A colección de imaxes mostra pequenas vistas previas (miniaturas) das imaxes nun cartafol. Fai máis doado examinar rapidamente unha gran colección de imaxes.
<steps>
<item>
Prema <guiseq><gui>Ver</gui><gui>Colección de imaxes</gui></guiseq> ou prema <key>F9</key> para mostrar a colección de imaxes.
</item>
<item>
Prema sobre unha imaxe na colección para mostrala a tamaño completo.
Tamén pode premer <key>Esquerda</key> e <key>Dereita</key> para pasar as imaxes na colección
</item>
<item>
Para agochar unha colección, prema <guiseq><gui>Ver</gui><gui>Colección de imaxes</gui></guiseq> ou prema <key>F9</key>.
</item>
</steps>
</page>