<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<page xmlns="http://projectmallard.org/1.0/" type="topic" style="task" id="format-change" xml:lang="gl">
<info>
<link type="guide" xref="index#edit"/>
<desc>Pode converter imaxes dun formato de imaxe a outro. Pode facelo para un lote de varios ficheiros.</desc>
<revision pkgversion="3.2" version="0.1" date="2011-09-05" status="final"/>
<credit type="author">
<name>Tiffany Antopolski</name>
<email>tiffany@antopolski.com</email>
</credit>
<credit type="editor">
<name>Fabiana Simões</name>
<email>fabianapsimoes@gmail.com</email>
</credit>
<license>
Creative Commons Compartir Igual 3.0
</license>
<mal:credit xmlns:mal="http://projectmallard.org/1.0/" type="translator copyright">
<mal:name>Fran Dieguez</mal:name>
<mal:email>frandieguez@gnome.org</mal:email>
<mal:years>2011-2012.</mal:years>
</mal:credit>
</info>
As imaxes gárdanse nun formato de ficheiro específico, como JPEG ou PNG. Pode converter dun formato de ficheiro a outro.
<list type="numbered">
<item>
Prema <guiseq><gui>Imaxe</gui><gui>Gardar como </gui></guiseq>. Mostrarase a xanela emerxente <gui>Gardar imaxe</gui>.
</item>
<item>
No campo de nome, cambie a extensión de ficheiro ao tipo de ficheiro ao que quere converter a súa imaxe. A extensión do ficheiro é a parte do nome do ficheiro despois do punto.
Por exemplo, para converter un ficheiro en JPEG (<file>.jpg</file>) a un ficheiro en formato mapa de bits (BMP, <file>.bmp</file>):
ficheiro orixinal: <file>imaxe.jpg</file>
novo ficheiro: <file>imaxe.bmp</file>
</item>
<item>
Prema <gui>Gardar</gui> e gardarase un ficheiro novo no novo formato. O ficheiro antigo (no formato anterior) segurá onde estaba e non se eliminará.
</item>
</list>
O Visor de imaxes tenta adiviñar o formato de ficheiro no que gardar a imaxe baseándose na extensión do ficheiro que elixa. Se non recoñece a extensión de ficheiro que escriba ou se non sabe cal usar, prema <gui>Ficheiros de imaxe compatíbeis</gui> na xanela <gui>Gardar imaxe</gui>. Isto permitiralle seleccionar un formato de ficheiro da lista despregábel.
Pode converter certo número de imaxes dun formato de ficheiro a outro dunha sola vez. Útil se ten unha morea de imaxes que precisa converter.
<list style="numbered">
<item>
Na <link xref="view#image-gallery">colección de imaxes</link>, prema e manteña premida a tecla <key>Ctrl</key> e seleccione as imaxes que quere converter unha por unha. Alternativamente prema <keyseq><key>Ctrl</key><key>A</key></keyseq> para seleccionar todas as imaxes.
</item>
<item>
Prema <guiseq><gui>Imaxe</gui><gui>Gardar como</gui></guiseq>. Aparecerá unha xanela (mostrada a continuación).
<media type="image" src="figures/multiple-convert.png" width="300"/>
</item>
<item>
De forma predeterminada, as imaxes gardaranse no cartafol actual. Se quere gardalas noutro lugar, seleccione o cartafol desde o menú despregábel <gui>Cartafol de destino</gui>.
</item>
<item>
Seleccione o formato de ficheiro ao que quere converter as imaxes desde o menú despregábel á dereita da caixa de entrada <gui>Formato do nome de ficheiro</gui>.
</item>
<item>
Prema <gui>Gardar</gui>.
</item>
</list>
</page>